05/02/18

Máis aló do(s) deber(es)

O alumnado pode sorprenderte moi gratamente. A min ocorreume con María Villaverde e Juan Trigo, de 2º ESO C. Como toda xente na clase, tiveron que entregar unha carta na que un personaxe, Moncho, creado por Agustín Fernández Paz, debía contestar ao seu amor. Puxéronse na pel de Moncho e crearon os dous exercicios máis sorprendentes que vin en anos...Parabéns a estas dúas persoas excepcionais e, sobre todo, grazas por cumprir máis aló do que lles pedía.
-Helena Campos (Departamento de Lingua e Literatura Galega)

 Desde a Biblioteca, Noraboa!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario