17/03/18

Ecoauditoría no instituto

A ONG Adega dirixiu ao alumnado de 2 de ESO E da materia de Xeografía e Historia na realización dunha ecoauditoría no centro o venres, 16 de marzo. Os alumnos e alumnas percorreron o centro revisando o tratamento do lixo nas distintas áreas e valorando o grao de sustentabilidade do noso instituto.

O vindeiro mércores, 21 de marzo, rematará a actividade coa elaboración das conclusións do estudo e a proposta de recomendacións para obter un centro máis sustentable medioambientalmente.

A profesora encargada da actividade, Sabela Cobas, e a Ecopatrulla agradecen sinceramente a paciencia e colaboración de todos os membros da comunidade educativa, que contribuíron enormemente ao éxito da ecoauditoría.


Ningún comentario:

Publicar un comentario